"NO DEJAMOS DE JUGAR PORQUE ENVEJECEMOS; ENVEJECEMOS PORQUE DEJAMOS DE JUGAR"George Bernard Shaw

lunes, 2 de mayo de 2011

Temos visitantes!



Despois das vacacións de Semana Santa, atopamos unha sorpresa na nosa aula...tiñamos visitantes!!!uns fermosos gusanos de seda!de todos os tamaños, pequeniños, medianos e moi moi grandes. Estivemos mirando, falando e facendo moitas preguntas...e de pronto un conto chegou a nosa aula "LA ORUGA GLOTONA", encantounos, porque é a historia dun gusano como os nosos, así que tíñamos unha misión, coidálos para que se convertésen en mariposa, así que todos os días o encargado dalles de comer, Folla de Moreira, xa que é a única que poden comer, pero...Que beben?preguntábamosnos, así que buscamos en Internet e descubrimos que non beben, que a auga que conteñen as follas sirvenlle de bebida.

A profe Loida de 3 anos prestóunos outro conto, A BOLBORETA DORETA, que nos explica todas as fases polas que pasan os nosos gusanos.

Xa vos contaremos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario