"NO DEJAMOS DE JUGAR PORQUE ENVEJECEMOS; ENVEJECEMOS PORQUE DEJAMOS DE JUGAR"George Bernard Shaw

miércoles, 22 de junio de 2011

Gracias


Especial agradecemento as familias, polo voso apoio, colaboración  e confianza depositada en min, a nosa estreita relación fixo posible a creación dun clima especialmente afectivo que favoreceu o desenvolvemento dos nenos/as e o bo funcionamento da aula; hoxe foi un día moi emotivo. Recordareino sempre.


Moitísimas Gracias.!!!  

Gracias

Hoxe é un día moi especial, rematan dous anos cheos de ledicia nos que tiven a oportunidade de coñecer e formar parte da vida e da educación de todos estes nenos/as, os meus alumnos/as; os que levarei sempre no meu corazón.
Gracias por facerme tan feliz.

Festa Fin de Curso!





Hoxe fixemos unha festa para celebrar o fin de curso, compartindo todos xuntos unha merendola e boa música!

viernes, 13 de mayo de 2011





Estos foron os contos desta semana, narran as preciosas historias de cariño, axuda e protección entre as mamás osas e os seus fillos osos. Gustáronnos tanto...que estivemos moi atentos e calados mentras a mestra os contaba, e púxose moi contenta!

jueves, 12 de mayo de 2011

OS MAIOS


Hoxe celebramos o día dos maios no cole, e todos os nenos/as de infantil fixemos un maio, cada curso fixo unhas flores preciosas e saímos a pegálas, agora adorna o noso pasillo.