"NO DEJAMOS DE JUGAR PORQUE ENVEJECEMOS; ENVEJECEMOS PORQUE DEJAMOS DE JUGAR"George Bernard Shaw

jueves, 24 de febrero de 2011

Coñecemos unha árbore nova!





Hoxe tivemos unha sorpresa, a través da computadora poidemos coñecer unha nova árbore chamada BAOBAB e aprendimos moitas cousas:
-Vive en Africa, buscamos no globo terraqueo Africa
e pegamos un gomet.
-Ten folla caduca.
-É moi alta, pode medir máis de 20metros,máis co noso cole!
-O seu tronco e moi groso e ahuecado, e cando son vellos poden caber
dentro máis de 40 persoas, por exemplo os nenos/as da nosa
clase e os nenos/as da clase de Ana!
-Poden vivir máis de 3000 anos.
-Da un froito que se chama Pan de Mono,do tamaño dun pequeno melón que contén vitamina C, como as naranxas, e se emplean para facer bebidas refrescantes.
-Da corteza fabrícanse cordas e cestos.
-As follas hervidas serven como alimento.
-Hai unha lenda que dice que si bebes un vaso de auga no que foi mollada unha semente de baobab nunca te atacarán os cocodrilos e se lle arrancas unha flor pode devorarte un león.Pero é unha lenda!
Gustounos moito esta árbore!logo fixemos un debuxo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario